Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 2 de xullo de 2013 Páx. 26029

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos para a restauración das cincuenta e seis esculturas do vía crucis do santuario da virxe de Santa Maria das Ermidas (O Bolo, Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 10 de xuño de 2013.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: contrato de servizos para a restauración das cincuenta e seis esculturas do vía crucis do santuario da virxe de Santa María das Ermidas (O Bolo, Ourense).

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade.

4. Orzamento base de licitación: 59.834,73 euros, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 6 de xuño de 2013.

b) Data de formalización do contrato: 14 de xuño de 2013.

c) Adxudicataria: ARA Conservación y Restauración, S.C.

d) Importe de adxudicación: 57.440,64 euros, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2013

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia