Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 2 de xullo de 2013 Páx. 26008

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 4 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o inicio do expediente sancionador 2013083TA-OU incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 12 de abril do 2013, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense acordou o inicio do expediente sancionador 2013083TA-OU a María Lucía de Lima, NIF X2887663J, propietaria do Bar Dos Hermanas, con domicilio na avenida de Ourense, nº 8, bloque 138, 1º, 32630 Xinzo de Limia (Ourense).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto número 5 do referido artigo, notifícaselle a María Lucía de Lima CIF X2887663J, propietaria do Bar Dos Hermanas, con domicilio na avenida de Ourense, nº 8, bloque 138, 1º, 32630 Xinzo de Limia (Ourense), o contido do referido acordo de inicio que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial, no prazo quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, nº 13, Ourense, a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 39/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 4 de xuño de 2013

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: 2013083TA-OU.

Denunciada: María Lucía de Lima, propietaria do Bar Dos Hermanas.

Documento de identificación: NIF X2887663J.

Último enderezo coñecido: avenida de Ourense, nº 8, bloque 138, 1º, 32630 Xinzo de Limia (Ourense).

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigo 19.3.b) de la Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos de tabaco.

Tipificación: grave (reincidente).

Sanción proposta: mil oitocentos euros (1.800,00 €).