Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 2 de xullo de 2013 Páx. 26010

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 11 de xuño de 2013 polo que se dá publicidade ao acordo do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña polo que se inicia o expediente nº 420 de clasificación como veciñal en man común dos montes de Agualada, promovido polos veciños do lugar de Bormoio da parroquia da Agualada do concello de Coristanco.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, en sesión que tivo lugar o día 20 de decembro de 2012, acordou iniciar a tramitación do expediente de clasificación como veciñal en man común dos montes cuxas características se indican a continuación:

Montes: Agualada.

Comunidade veciñal solicitante: veciños do lugar de Bormoio.

Parroquia: A Agualada.

Concello: Coristanco.

Superficie solicitada e lindeiros: egundo a información xeorreferenciada presentada polos promotores do expediente e validada polo xefe de Área Técnica de Montes Veciñais da Coruña no seus informes do 19.5.2011 e 20.11.2012, en resumo, son:

Parcela Braña da Chousa da Melga:

Superficie: 14.973 m2. Ref. catastral: polígono 27-parcela 363.

Parcela Texoeira:

Superficie: 2.905 m2. Ref. catastral: polígono 27-parcela 683 (parte).

Parcela Arriba do Batán:

Superficie: 7.728 m2. Ref. catastral: polígono 30-parcela 578.

Parcela Arriba do Batán:

Superficie: 96.446 m2. Ref.catastral: polígono 30-parcelas 612 e 936.

Encravado: 8.906 m2.

Parcela O Paian:

Superficie: 739 m2. Ref. catastral: polígono 30 parcela 745.

En virtude do acordado polo xurado, conforme o disposto na Lei galega de montes veciñais en man común do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio deste edicto faise público o inicio da tramitación do expediente indicado co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 4 de setembro de 1992, de desenvolvemento da precitada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas poidan comparecer e intervir no expediente e formular perante este xurado, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ao respecto.

A Coruña, 11 de xuño de 2013

Antonio Manuel Aguión Fernández
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común da Coruña