Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 2 de xullo de 2013 Páx. 26006

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a formalización dos contratos das subministracións e servizo que se citan.

Segundo o artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos:

Expediente: ED-02/13SU. Subministración de diverso material para os centros educativos que dependen da consellería e que imparten o ciclo da familia formativa de sanidade e servizos socioculturais e á comunidade.

1. Adxudicatario lote 1: Gallega de Material Científico, S.A. (Gamacisa)

1.1. Orzamento: 45.112,21 euros.

Data de adxudicación: 15.5.2013.

Data da formalización: 3.6.2012.

2. Adxudicatario lote 2: Gallega de Material Científico, S.A. (Gamacisa).

2.1. Orzamento: 50.165,28 euros.

Data de adxudicación: 15.5.2013.

Data da formalización: 3.6.2012.

Expediente: ED-05/13SU. Subministración de diverso material para os centros educativos que dependen da consellería e que imparten os ciclos das familias formativas de electricidade e electrónica e da madeira e moble.

1. Adxudicatario lote 1: Proyectos Industriales Hnos. Antúnez, S.L. (PIHA).

1.1. Orzamento: 80.223,10 euros.

Data de adxudicación: 29.5.2013.

Data da formalización: 11.6.2012.

2. Adxudicatario lote 2: Proyectos Industriales Hnos. Antúnez, S.L. (PIHA).

2.1. Orzamento: 26.409,93 euros.

Data de adxudicación: 29.5.2013.

Data da formalización: 11.6.2012.

Expediente: ED-17/13SU. Subministración de cartonaxe impresa de títulos académicos non universitarios, para a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

1. Adxudicatario: Signe, S.A.

1.1. Orzamento: 154.465,70 euros.

Data de adxudicación: 13.5.2013.

Data da formalización: 22.5.2013.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2013

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria