Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 1 de xullo de 2013 Páx. 25726

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5287/2010).

María Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación número 5287/2010, seguido por instancia do Concello de Arteixo contra a empresa Cogami, Galega de Kioscos, S.L., Confederación Gallega de Minusválidos (Cogami), José Antonio Álvarez Suárez, Asociación de Voluntarios Avan, sobre outros dereitos laborais, se ditou resolución coa seguinte parte dispositiva:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto polo Concello de Arteixo contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 desta capital, nestes autos sobre cesión ilegal, tramitados por instancia do demandante José Antonio Álvarez Suárez fronte aos demandados Concello de Arteixo, Rede Galega de Kioscos, S.L. e Confederación Galega de Minusválidos e Asociación de Voluntarios Avan, debemos confirmar e confirmamos integramente a dita sentenza, con imposición ao Concello recorrente das custas causadas polo seu recurso, que incluirán a cantidade de 300 euros en concepto de honorarios da parte impugnante.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº. recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Asociación de Voluntarios Avan, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de xuño de 2013

A secretaria xudicial