Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 1 de xullo de 2013 Páx. 25728

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (PO 1228/2012).

Número de autos: procedemento ordinario 1228/2012.

Demandante: Julio María Rosas Alonso.

Avogado: David Pena Díaz.

Demandados: Esabe Vigilancia, S.A., Fogasa.

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no Xulgado do Social número 1 da Coruña se ditou resolución de data 3 de xuño de 2013 dirixida a Esabe Vigilancia, S.A e faise saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de xuño de 2013

A secretaria xudicial