Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 27 de xuño de 2013 Páx. 25168

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (198/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 198/2013, por instancia de Montserrat Rodríguez Pérez contra Soros Investment Corporation Spain, S.L., sobre despedimento, en que recaeu sentenza con data do 30 de maio de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido.

Estímase a demanda interposta por Montserrat Rodríguez Pérez contra Soros Investment Corporatión Spain, S.L. con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Soros Investment Corporatión Spain, S.L. á demandante Montserrat Rodríguez Pérez.

– Condénase a Soros Investment Corporatión Spain, S.L. a que, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, opte entre a readmisión da demandante ou o aboamento dunha indemnización de 4.822,25 euros. O aboamento desta indemnización determina a extinción do contrato de traballo. En caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación que, desde a data do despedimento ata esta resolución, ascenden a 5.804,50 euros, aos que se lles terán que engadir os que se devindiquen ata a súa notificación, a razón de 44,65 euros diarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Soros Investment Corporation Spain, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 6 de xuño de 2013

A secretaria xudicial