Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 27 de xuño de 2013 Páx. 25166

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1227/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento seguridade social 1227/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Teresa González Fiaño contra INSS e Graublan Ibérica, S.L., sobre seguridade social, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución din:

Sentenza.

A Coruña, 6 de xuño de 2013.

Miguel Herrero Liaño, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos estes autos seguidos neste xulgado co nº 1227/2011, en que foron partes, dun lado como demandante María Teresa González Fiaño, representada polo letrado Pedro Pedreira Candal e, como demandados, Instituto Nacional da Seguridade Social, representado pola letrada Ana Pardo Costas, e Graublan Ibérica, S.L., que non comparece, sobre percepción indebida, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

Resolución:

Que estimo a demanda interposta por Mª Teresa González Fiaño fronte ao INSS e, en consecuencia, declaro que non percibiu indebidamente a cantidade de 368,64 euros en concepto de prestación de IT, deixando sen efecto a resolución do INSS do 6.9.2011 que así o establece.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Graublan Ibérica, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de xuño de 2013

A secretaria xudicial