Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 27 de xuño de 2013 Páx. 25164

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (179/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 179/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Felipe Loureda Manteiga, Francisco Loureda Manteiga e Julio Nicolás Pereira Garrido contra a empresa Pedro Dafonte Pavimentos, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución din:

Sentenza.

A Coruña, 4 de xuño de 2013.

Vistos por Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña e o seu partido, estes autos de xuízo 179/2011, seguidos por instancia de Jesús Felipe Loureda Manteiga e Francisco Loureda Manteiga, representados pola letrada Lydia Vázquez Méndez, e Julio Nicolás Pereira Garrido, que non comparece, fronte a Pedro Dafonte Pavimentos, S.L. e con intervención procesual do Fogasa, que non comparece, sobre reclamación de cantidade.

Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta por Jesús Felipe Loureda Manteiga e Francisco Loureda Manteiga fronte a Pedro Dafonte Pavimentos, S.L., con intervención procesual do Fogasa e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a que aboe a Jesús Felipe Loureda Manteiga a cantidade de 6.887,04 euros, e a Francisco Loureda Manteiga a cantidade de 10.554,40 euros que, en ambos os casos, se incrementarán cos xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores en canto aos conceptos salariais.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Pedro Dafonte Pavimentos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de xuño de 2013

A secretaria xudicial