Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 27 de xuño de 2013 Páx. 25170

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (746/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 746/2011, por instancia de Carmen Fátima Pedroso da Silva contra a empresa Churrascaría Rodizio Copacabana, sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data do 28 de maio de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido.

Estímase a demanda interposta por Carmen Fátima Pedroso da Silva contra Churrascaría Rodizio Copacabana e, en consecuencia:

– Condénase á empresa Churrascaría Rodizio Copacabana a aboar á demandante a cantidade de tres mil setecentos cincuenta e catro euros con noventa e un céntimos (3.754,91 euros).

Notifíqueselles a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Churrascaría Rodizio Copacabana, expido e asino este edicto.

A Coruña, 6 de xuño de 2013

O secretario xudicial