Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 27 de xuño de 2013 Páx. 25171

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (756/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 756/2011, por instancia de María León Concha contra a empresa Pampín Moda Exclusiva, S.L., sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data do 31 de maio de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Estímase a demanda interposta por María León Concha, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

Condénase a empresa Pampín Moda Exclusiva, S.L. a aboar á demandante a cantidade de dez mil vinte e un euros con dezaoito céntimos (10.021,18 euros).

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na Conta de Depósitos e Consignacións que este xulgado ten aberta, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Pampín Moda Exclusiva, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 6 de xuño de 2013

A secretaria xudicial