Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 27 de xuño de 2013 Páx. 25172

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (144/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 144/2013, por instancia de Ismael Alves Souto contra a empresa Buzoneos Galicia, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, en que recaeu sentenza con data do 15 de maio de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Estímase a demanda interposta por Ismael Alves Souto contra Buzoneos Galicia, S.L. e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Buzoneos Galicia, S.L. ao demandante Ismael Alves Souto.

– Condénase a Buzoneos Galicia, S.L. a que, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 1.559,32 euros. O aboamento desta indemnización determina a extinción do contrato de traballo. En caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación que, desde a data do despedimento ata esta resolución, ascenden a 3.945,36 euros, aos que se lles terán que engadir os que se devindiquen ata a súa notificación, a razón de 29,01 euros diarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Buzoneos Galicia, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 7 de xuño de 2013

A secretaria xudicial