Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 26 de xuño de 2013 Páx. 24861

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (489/2011).

Inmaculada Marín Gómez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, polo presente edicto, anuncio no presente procedemento seguido por instancia de Marta Merchán García fronte a Enrique Mouco Varela se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza número 626.

Vigo, nove de novembro de dous mil once.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia) viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 489/2011 sobre garda e custodia e alimentos respecto de fillo menor de idade, por instancia de Marta Merchán García, representada pola procuradora dos tribunais Begoña Pérez Lorenzo, e con asistencia letrada de Montserrat Lorenzo Font, contra Enrique Mouco Varela, declarado en rebeldía procesual, e no cal interveu o Ministerio Fiscal, de acordo cos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Decido na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Begoña Pérez Lorenzo, en nome e representación de Marta Merchán García, como demandante, contra Enrique Mouco Varela, declarado en situación de rebeldía procesual, e no cal interveu o Ministerio Fiscal, fago os seguintes pronunciamentos:

Primeiro. Atribúeselle á Sra. Merchán García a garda e custodia do fillo menor, quen exercerá de maneira exclusiva a patria potestade.

Segundo. Non procede establecer un réxime de visitas do menor co seu proxenitor.

Non se fai especial pronunciamento en canto ás custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal, e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se interporá, se é o caso, ante este xulgado dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Así, por esta miña sentenza da cal se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose dicho demandado, Enrique Mouco Varela, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 5 de xuño de 2013

A secretaria xudicial