Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 26 de xuño de 2013 Páx. 24859

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo

EDICTO (151/2011).

Francisca María Martín Sánchez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo, polo presente,

Anuncio.

No presente procedemento ordinario 151/2011 seguido por instancia de Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. fronte a José Antonio Amorín Quintas e Juan Antonio Amorín Pérez ditouse sentenza, cuxo tenor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Vistos por Cristina Delgado Moro, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número tres de Vigo e o seu partido xudicial os presentes autos de xuízo ordinario número 151/2011 sobre protección dos dereitos fundamentais de honra e intimidade persoal, promovidos por instancia da entidade Finanzia Banco de Crédito, S.A., representado polo procurador Sr. Gallego Martín Esperanza e asistido polo letrado Sr. Baltar Pombo, contra Juan Antonio Amorín Pérez, en situación de rebeldía procesual, e contra José Antonio Amorín Quintas, representado pola procuradora Sra. Hermida Amatrain e asistido polo letrado Sr. Escudero Conde.

(...)

Decido que, estimando parcialmente a demanda interposta polo procurador Sr. Gallego Martín Esperanza, actuando en nome e representación da entidade Finanzia Banco de Crédito, S.A., debo condenar e condeno a José Antonio Quintas Pérez en situación de rebeldía procesual, e a José Antonio Amorín Quintas, representado pola procuradora Sra. Hermida Amatrain, a pagar de forma solidaria a Finanzia Banco de Crédito, S.A. a cantidade de 13.117,89 euros máis os xuros pactados, todo iso sen facer pronunciamento en materia de custas.

Notifíquese esta sentenza ás partes facéndoos saber que esta non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación ante este xulgado no prazo de 20 días contados desde o seguinte ao da notificación e do que coñecerá a Audiencia Provincial de Pontevedra, sede en Vigo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgado en primeira instancia acórdoo, mándoo e asínoo».

E encontrándose os devanditos demandados, José Antonio Amorín Quintas e Juan Antonio Amorín Pérez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 15 de outubro de 2012

A secretaria xudicial