Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 26 de xuño de 2013 Páx. 24857

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2966/2010 MCR).

Mª Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber:

Que no procedemento recurso de suplicación 2966 /2010 MCR desta sección, seguido por instancia de Mutua Intercomarcal, Mutua Accidentes, Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social nº 39 contra o Servizo Galego de Saúde, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Talleres Calviño, S.L., Alfredo Vázquez Rouco sobre accidente, ditouse resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da Mutua Intercomarcal, contra a sentenza, con data do 17 de decembro de 2009, ditada polo Xulgado do Social número 2 dos da Coruña, en proceso promovido por Alfredo Vázquez Rouco, fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Intercomarcal, o Servizo Galego de Saúde, e a empresa Talleres Calviño, S.L., debemos confirmar e confirmamos a sentenza recorrida.

De acordo co disposto no artigo 202 da Lei de procedemento laboral, ha de darse o destino legal aos depósitos para recorrer. E, conforme o artigo 233.1 da Lei de procedemento laboral, a mutua recorrente ha de aboar os honorarios do letrado do demandante-impugnante do seu recurso, que se fixan na cantidade de trescentos euros (300 €).

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que, contra esta sentenza, cabe interpoñer recurso de casación para a unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na Conta de Consignacións desta sala - sección aberta en Banesto co nº 1552 debendo indicar no campo concepto, «Recurso» seguida do código «35 Social Casación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o código “35 Social Casación”. Se efectuase diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos desta ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.»

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 4 de xuño de 2013

A secretaria xudicial