Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2013 Páx. 24699

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3403/2010 MDM).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3403/2010 /MDM.

Xulgado de orixe/autos: demanda 39/2010 Xulgado do Social número 1 de Vigo.

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social.

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Instituto Social da Mariña.

Recorrida: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Avogado: Luis Esteban Leyenda Martínez.

Recorrido: Servizo Galego de Saúde.

Recorrido: Manuel Roada Pérez.

Recorrido: Ficp Armadores de Pesca, S.L.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3403/2010 desta sección, seguido como recorrente o Instituto Nacional da Seguridade Social e como recorridos a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o Instituto Social da Mariña, o Servizo Galego de Saúde, a empresa FICP Armadores de Pesca, S.L., a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo e Manuel Roade Pérez, sobre accidente, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos que estimando o recurso de suplicación interposto polo INSS contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo de data 26 de abril de 2010, e con revogación do seu ditame, debemos declarar a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo como responsable do aboamento da incapacidade permanente total derivada de enfermidade profesional.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Manuel Roade Pérez, cuxo último domicilio coñecido foi na cidade de Vigo e na actualidade en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de xuño de 2013

A secretaria xudicial