Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2013 Páx. 24701

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1724/2010 S).

Secretaría: M. Asunción Barrio Calle.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1724/2010 S.

Materia: accidente.

Recorrente: Luciano Nieto Fernández.

Recorrido: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Cotobad Gestión Mantenimiento, S.L., Egarsat Matepss número 276 (antes S.A.T. Mutua)

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 1 de Pontevedra.

Demanda 184/2009.

No recurso de suplicación número 1724/2010, seguido ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanante dos autos número 184/2009 do Xulgado do Social número 1 de Pontevedra, promovidos por Luciano Nieto Fernández contra o INSS, a TXSS, Cotobad Gestión Mantenimiento, S.L. e Egarsat Matepss número 276 (antes S.A.T. Mutua), sobre accidente, ditouse a resolución do seguinte teor literal:

«Dilixencia de ordenación da secretaria xudicial M. Asunción Barrio Calle.

A Coruña, catro de xuño de dous mil trece.

O anterior escrito presentado polo letrado Celestino Barros Pena, en representación de Luciano Nieto Fernández, únase ao recurso da súa razón. Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina e fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala. Emprácense as demais partes, e a empresa Cotobad Gestión Mantenimiento, S.L. a través do DOG, para que comparezan por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegando copias do dito escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da dita sala; deberase acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

Verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníqueselle ao Xulgado do Social número 1 de Pontevedra que contra a resolución desta sala recorreuse en casación para unificación de doutrina.

Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro, que a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma a Cotobad Gestión Mantenimiento, S.L., con último domicilio coñecido en Pontevedra, r/ Benito Corbal, número 14, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 4 de xuño de 2013

A secretaria xudicial