Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2013 Páx. 24691

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2013 pola que se convoca concurso de méritos para a provisión de diversos postos de traballo correspondentes a persoal laboral fixo de administración e servizos da Universidade da Coruña.

Por medio da Resolución do 4 de abril de 2013 faise pública a relación definitiva de persoas aprobadas nas probas selectivas para o ingreso, polo sistema de promoción interna, na categoría de técnico especialista de laboratorio do grupo III, convocadas pola Resolución do 20 de novembro de 2012. Ao existiren postos vacantes desta categoría que están dotados orzamentariamente, esta xerencia, en uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), e da delegación de competencias operada pola Resolución reitoral do 16 de xaneiro de 2012, resolve convocar concurso de traslados de acordo coas seguintes bases da convocatoria:

Primeira. Requisitos e condicións de participación

1. Poderán tomar parte os/as traballadores/as fixos/as da Universidade da Coruña que superaron as probas selectivas que se relacionan máis arriba.

2. Non poderá participar o persoal laboral suspenso en firme mentres dure a suspensión.

Segunda. Postos

No anexo I relaciónanse os postos que se ofertan neste concurso. Así mesmo, os/as traballadores/as que o desexaren poderán solicitar os postos que, en resultas, puidesen quedar vacantes durante o proceso de cobertura.

Terceira. Solicitudes

1. A solicitude para tomar parte neste concurso e o modelo de currículo axustaranse ao modelo que se publica como anexo II desta resolución e deberán presentarse no Rexistro Xeral da Universidade ou nos rexistros auxiliares, no prazo de quince días, que se contarán a partir do día seguinte ao da data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

No suposto de que sexan varios os postos que se solicitan, a preferencia deles virá establecida pola orde en que aparezan consignados na solicitude.

2. Unha vez transcorrido o período de presentación das instancias, as solicitudes que se presenten serán vinculantes para o/a peticionario/a e os destinos adxudicados serán irrenunciables, agás que se obtiver outro destino mediante unha convocatoria pública antes de rematar o prazo de toma de posesión.

Cuarta. Acreditación dos méritos

O Servizo de PAS expedirá de oficio a certificación dos méritos enumerados na base quinta, que estarán referidos á data de remate do prazo de presentación das instancias. Desta certificación remitirase unha copia ao solicitante. Ese servizo achegará o orixinal coa solicitude de participación. A Comisión de Avaliación valorará unicamente os méritos que figuren neste certificado e resolverá todas as incidencias que se produciren, e poderá solicitar as aclaracións ou documentación complementaria que estimar necesaria.

Quinta. Criterios de adxudicación

O traballo desenvolvido valorarase 0,20 puntos por mes ou fracción de mes na mesma ou nunha categoría equivalente na Universidade da Coruña. En caso de empate, resolverase atendendo aos seguintes criterios:

1. O de maior antigüidade na Universidade da Coruña.

2. No caso de que continuase existindo empate, primarase o posto relativo acadado no proceso selectivo, e entenderase por posto relativo o cociente entre o posto acadado e o número de postos totais ofertados no proceso selectivo.

3. O de máis idade.

Neste punto consideraranse como servizos prestados na UDC o tempo traballado na Universidade de Santiago de Compostela con anterioridade á entrada en vigor do Decreto 3/1990, do 11 de xaneiro, de segregación de centros e servizos da Universidade de Santiago de Compostela con todos os seus medios materiais e humanos e da súa integración nas novas universidades da Coruña e de Vigo (DOG do 24 de xaneiro de 1990), así como os servizos prestados en centros adscritos que foron posteriormente transferidos á UDC.

Sexta. Comisión de avaliación

Os méritos serán valorados por unha comisión de avaliación, que estará integrada polos membros que a seguir se indican:

Titulares:

Presidenta: María José Gómez Rega, xefa do Servizo de PAS.

Vogais: Luis Vázquez López, xefe da Sección de Xestión do Persoal.

Carmen Veiga Castiblanquez, xefa de negociado de Xestión de Persoal II.

Javier López Domínguez, técnico especialista de informática.

Enrique José Pena Pérez, coordinador de área.

Secretaria: Valvanera Núñez Cartelle, posto base do Servizo de PAS, que actuará con voz e sen voto.

Suplentes:

Presidenta: Manuela Pinazas Rego, xefa de negociado de Formación.

Vogais: Carmen María Rodríguez Rey, xefa de negociado de Xestión de Persoal I.

Susana Villanueva Rodríguez, posto base do Servizo de Xestión Financeira.

Jorge Cordal Fustes, técnico especialista actividades culturais.

Teresa Rey Souto, telefonista.

Secretaria: María Jesús Codesido López, posto base do Servizo de PAS, que actuará con voz e sen voto.

Sétima. Adxudicación dos destinos

1. Despois de ter rematado o proceso de valoración das solicitudes, a Comisión de Avaliación publicará nos taboleiros de anuncios da Reitoría e da Vicerreitoría do Campus de Ferrol, así como na páxina web da UDC, a relación provisional de adxudicación de prazas, coa especificación das puntuacións obtidas por cada concursante. A orde de prioridade para a adxudicación dos postos virá dada pola puntuación final que se obtiver, de conformidade co disposto na base quinta.

2. Fronte a esta adxudicación as persoas interesadas poderán formular unha reclamación perante a Comisión de Avaliación no prazo de sete días naturais que se contarán a partir do día seguinte ao da súa publicación. Unha vez resoltas estas ou transcorrido o dito prazo sen que se presentase ningunha reclamación, a Comisión de Avaliación elevará ao xerente a relación definitiva de adxudicación.

Oitava. Resolución do concurso

1. Á vista da proposta elevada pola Comisión de Avaliación, o xerente ditará a resolución que resolve o concurso nun prazo máximo de 3 meses desde que remate o prazo de presentación das solicitudes.

2. A incorporación aos postos de traballo que se obtiveren no concurso farase efectiva unha vez que finalice o proceso selectivo para a provisión de prazas de técnicos especialistas de laboratorio, polo sistema de promoción interna e de acceso libre, vacantes no cadro de persoal laboral desta universidade, convocado pola Resolución do 16 de xaneiro de 2012.

3. Aínda que a adxudicación dun posto implique o cambio de localidade, ao selo por solicitude das persoas interesadas ten carácter voluntario e non xerará dereito a ningún tipo de indemnización.

Derradeira.

A presente convocatoria, as súas bases e cantos actos administrativos derivaren delas poderán ser impugnados perante a xurisdición contencioso-administrativa nos casos e na forma que establece a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

Así mesmo, as persoas interesadas poderán interpor o recurso de alzada contra os actos do tribunal cualificador das probas perante o reitor da Universidade da Coruña, nos termos previstos no artigo 114, e que concordan coa mencionada lei.

A Coruña, 11 de xuño de 2013

Juan Manuel Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO I

Relación de postos vacantes

Nº posto 2013

Posto

Subescalas

Quenda

Campus

Unidade

Centro

177

Técnico especialista de laboratorio

Química

P

C

Servizos de Apoio á Investigación

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

178

Técnico especialista de laboratorio

Química

M

C

Servizos de Apoio á Investigación

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

179

Técnico especialista de laboratorio

Química

M

C

Servizos de Apoio á Investigación

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

180

Técnico especialista de laboratorio

Química

M

C

Servizos de Apoio á Investigación

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

181

Técnico especialista de laboratorio

Química

M

C

Servizos de Apoio á Investigación

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

182

Técnico especialista de laboratorio

Química

M

C

Servizos de Apoio á Investigación

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

183

Técnico especialista de laboratorio

Química

M

C

Servizos de Apoio á Investigación

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

184

Técnico especialista de laboratorio

Química

M

C

Servizos de Apoio á Investigación

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

185

Técnico especialista de laboratorio

Química

M

C

Servizos de Apoio á Investigación

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

186

Técnico especialista de laboratorio

Química

M

C

Servizos de Apoio á Investigación

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

187

Técnico especialista de laboratorio

Química

M

C

Servizos de Apoio á Investigación

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

188

Técnico especialista de laboratorio

Química

M

C

Servizos de Apoio á Investigación

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

189

Técnico especialista de laboratorio

Química

M

C

Servizos de Apoio á Investigación

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

199

Técnico especialista de laboratorio

Mecánica

P

C

Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

200

Técnico especialista de laboratorio

Mecánica

P

C

Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

201

Técnico especialista de laboratorio

Mecánica

P

C

Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

202

Técnico especialista de laboratorio

Electricidade

P

C

Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

203

Técnico especialista de laboratorio

Electricidade

P

C

Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

204

Técnico especialista de laboratorio

Electricidade

P

C

Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

234

Técnico especialista de laboratorio

Química

P

F

Centro de Investigacións Tecnolóxicas

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

235

Técnico especialista de laboratorio

Mecánica

P

F

Centro de Investigacións Tecnolóxicas

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

236

Técnico especialista de laboratorio

Electricidade

P

F

Centro de Investigacións Tecnolóxicas

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

237

Técnico especialista de laboratorio

Química

P

F

Centro de Investigacións Tecnolóxicas

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

238

Técnico especialista de laboratorio

Química

P

F

Centro de Investigacións Tecnolóxicas

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

532

Técnico especialista de laboratorio

Electricidade

M

F

Laboratorios

Escola Politécnica Superior

533

Técnico especialista de laboratorio

Mecánica

M

F

Laboratorios

Escola Politécnica Superior

666

Técnico especialista de laboratorio

Sanitario

M

F

Clínica Universitaria de Podoloxía

Facultade de Enfermaría e Podoloxía

missing image file
missing image file