Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2013 Páx. 24706

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PMC 832/2012 0001).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento peza de medidas preventivas 832/2012 0001 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Luis Montero Ares contra a empresa APV Motor, S.A., Autos 33, S.A., Millarent, S.L. e Sanrent, S.L., se ditou a seguinte resolución:

Parte dispositiva.

Acordo: ter por desistida a parte demandante da súa solicitude de medida cautelar de embargo preventivo acordando o sobresemento da presente peza separada e o arquivamento dos autos.

Incorpórese o orixinal ao libro de autos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada (artigos 186 e 187 da LPL).

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a. O/a secretario/a xudicial

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación en legal forma ás codemandadas Autos 33, S.A., APV Motor, S.A., Millarent, S.L. e Sanrent, S.L., por encontrarse en ignorado paradoiro, expídese o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa colocación no taboleiro deste xulgado.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2013

A secretaria xudicial