Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2013 Páx. 24708

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 774/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento ordinario 774/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Cándido Jamardo Figueroa contra a empresa Casais y Cía., S.L., Cisternas do Norte Transportes LT e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Visto o estado das presentes actuacións e toda vez que no xulgado arriba referido tiveron entrada con posterioridade ao presente demandadas de procedementos cuxa tramitación e sinalización é entendida pola Lei reguladora da xurisdición social como preferente e/ou urxente, resulta necesario reorganizar a axenda co obxecto de dar a preferencia legalmente exixida aos ditos procedementos fronte a outros como o presente, que non ten a dita preferencia legalmente atribuída, polo que se procede á suspensión dos actos de conciliación e/ou xuízo previstos para o día 17.6.2013 e procédese á súa nova sinalización o día 7.10.2013 ás 11.25 e 11.30 horas, os cales terán lugar na sala de vistas correspondente a este xulgado sita no edificio xudicial da rúa Berlín, s/n, Santiago de Compostela.

Por iso, acórdase citar a Cisternas do Norte Transportes LT, en ignorado paradoiro, co fin de que compareza na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n, Polígono das Fontiñas, 15707, o día 7 de outubro de 2013 ás 11.25 e 11.30 horas para a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que ten á súa disposición na oficina xudicial a cédula de citación, copia da demanda e decreto de admisión desta e demais resolucións e documentos que constan no procedemento.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación a Cisternas do Norte Transportes LT, expídese a presente para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2013

A secretaria xudicial