Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 21 de xuño de 2013 Páx. 24434

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Grove

ANUNCIO de información pública sobre a instalación e apertura dun restaurante (expediente 69/13).

Luis Fernández Romay e Mª Carmen Rey Camaño solicitaron licenza municipal de actividade para instalación e apertura dun restaurante (expediente 69/13), que se situará na avenida Beiramar nº 48, baixo. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte días para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan examinar o expediente, no Departamento de Urbanismo, e formular por escrito as alegacións que consideren pertinentes.

O Grove, 29 de maio de 2013

Miguel Ángel Pérez García
Alcalde