Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 21 de xuño de 2013 Páx. 24433

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de información pública sobre as obras de adaptación dunha nave para oficinas e taller de reparación e mantemento de pas de aeroxeradores no polígono industrial de Almeiras.

Salvora Vento, S.L. solicitou unha licenza municipal para a legalización das obras de adaptación dunha nave para oficinas e taller de reparación e mantemento de pas de aeroxeradores, situada no quinteiro 5 do parque empresarial de Alvedro, rúa H (nave 41) da parroquia de Almeiras. O expediente sométese a información pública durante un prazo de 20 días, segundo o que establece o artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo na Secretaría do concello e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Culleredo, 26 de marzo de 2013

P.D. (Resolución do 22.6.2011; BOP nº 131, do 11 de xullo)
Diego Antonio Taibo Monelos
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo