Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 21 de xuño de 2013 Páx. 24432

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de información pública sobre a modificación puntual do plan parcial do sector 2, San Pedro de Visma, parcela Z4 R9L.

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o día 3 de maio de 2013, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar inicialmente o documento de modificación puntual da parcela Z4 R9L, presentado pola Xunta de Compensación do plan parcial do sector S-2 San Pedro de Visma, con data do 11 de febreiro de 2013.

Segundo. Ordenar a dilixencia do documento aprobado.

Terceiro. Someter o documento ao trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante anuncios que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, nos xornais de maior circulación na provincia e na páxina web do concello.

Cuarto. Notificarlles este acordo aos titulares catastrais, aos departamentos municipais de Xestión do Solo, Licenzas e Disciplina Urbanística, Sección de Patrimonio Urbanístico, Oficina do SIG de Planeamento e Área de Infraestruturas.

Quinto. Recadar os informes municipais e sectoriais necesarios para a tramitación do expediente».

O documento da modificación do plan parcial sométese ao trámite de información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, período durante o cal calquera interesado poderá consultalo e formular as alegacións que considere oportunas. A consulta pódese efectuar no Departamento de Planeamento da Área Municipal de Urbanismo (praza de Indalecio Prieto, 1-3), en horario laboral, de luns a venres, así como na web municipal www.coruna.es, Urbanismo, exposición pública.

Os gastos desta publicación serán aboados pola Xunta de Compensación do sector 2.

A Coruña, 21 de maio de 2013

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo