Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 21 de xuño de 2013 Páx. 24435

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de información pública sobre almacén de mobiliario urbano no polígono industrial da parroquia de Tameiga (expediente 2011/064).

Sométese a información pública o expediente 2011/064, tramitado por instancia de Jcdecaux España, S.L.U., para a concesión dunha licenza de actividade para un almacén de mobiliario urbano no polígono industrial do Rebullón, nave 54, na parroquia de Tameiga deste municipio. De conformidade co disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, durante o prazo de vinte días, que se contarán a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, o expediente estará á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, de ser o caso, as alegacións e observacións que xulgue convenientes.

Mos, 15 de maio de 2013

Julia Loureiro Campo
Concelleira delegada de Urbanismo