Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 21 de xuño de 2013 Páx. 24436

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de información pública sobre apertura e funcionamento de almacén automatizado de produtos inocuos no polígono industrial da parroquia de Louredo (expediente 2013/252).

Sométese a información pública o expediente 2013/252, tramitado por instancia de Logística Balboa, S.L., para a concesión dunha licenza de apertura e funcionamento dun almacén automatizado de produtos inocuos no polígono industrial de Arrufana, parcela ZI-2, na parroquia de Louredo deste municipio. De conformidade co disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, durante o prazo de vinte días, que se contarán a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, o expediente estará á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, de ser o caso, as alegacións e observacións que xulgue convenientes.

Mos, 22 de maio de 2013

Julia Loureiro Campo
Concelleira delegada de Urbanismo