Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 21 de xuño de 2013 Páx. 24370

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se comunica aos herdeiros de Jesús J. Barrio Ibáñez a resolución de cerramento definitivo forzoso da oficina de farmacia con sigla C-296-F.

O 17.3.2013 faleceu Jesús J. Barrio Ibáñez, farmacéutico titular da oficina de farmacia C-296-F, situada na rúa Arcai, nº 81, Bembibre, pertencente á zona farmacéutica do Val do Dubra.

Logo de transcorrer o prazo de vinte días regulamentariamente fixado na Lei 5/1999, do 21 de maio, de ordenación farmacéutica, sen que por parte dos herdeiros do Sr. Barrio Iglesias se recibise noticia ningunha con respecto ás decisións previstas na normativa citada, no día de hoxe resolveuse o cerramento definitivo forzoso da devandita oficina de farmacia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselles aos herdeiros do Sr. Barrio Ibáñez a dita resolución.

Así mesmo, infórmase que a devandita resolución non é definitiva, polo que poderán interpor contra ela un recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes conforme o disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999) e na disposición adicional terceira número 3 do Decreto 146/2001, do 7 de xuño, sobre planificación, apertura, traslado, cerramento e transmisión de oficinas de farmacia.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2013

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade