Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 21 de xuño de 2013 Páx. 24368

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2013 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e trámite de urxencia, da contratación do servizo de vixilancia e seguridade do Centro Galego de Arte Contemporánea.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).

Enderezo: rúa Valle Inclán, 2. 15704 Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 54 66 14, fax: 981 54 66 25.

2.Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de vixilancia e seguridade do CGAC.

3. Orzamento do contrato: 232.571,56 €.

Exercicio 2013: 116.285,78 €.

Exercicio 2014: 116.285,78 €.

4. Prazo de vixencia: un ano, prorrogable.

5. Fianzas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: cinco por cento do orzamento de adxudicación.

6. Clasificación do contratista: grupo M, subgrupo 2, categoría b.

7. Presentación de propostas:

a) Lugar: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, Edificio Administrativo San Caetano, 15711 Santiago de Compostela.

b) Prazo: comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e terminará o oitavo día natural, ás 14.00 horas. Se o último día for inhábil, prolongarase o prazo ata o día hábil seguinte.

c) Forma: os licitadores presentarán as súas propostas en tres sobres pechados e en cada un figurarán o nome do licitador e o obxecto do contrato.

8. Documentación que presentarán os licitadores: os licitadores presentarán a documentación especificada nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

9. Modelo de proposición económica: o que figura como anexo III no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas: todos os interesados poderán consultalos na Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea e así mesmo tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18616

11. Apertura de proposicións: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Secretaría Xeral de Cultura, ás 11.00 horas da data que será anunciada con tres días hábiles de antelación no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/

12. Anuncios: os gastos orixinados pola publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2013

Anxo Manuel Lorenzo Suárez
Secretario xeral de Cultura