Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 21 de xuño de 2013 Páx. 24371

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se anuncia a contratación do servizo consistente no apoio técnico para a execución do proxecto Symbios da Consellería de Traballo e Benestar, cofinanciado polo FSE no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013, por procedemento aberto e tramitación ordinaria.

A Consellería de Traballo e Benestar, unha vez cumpridos os trámites correspondentes, resolve anunciar a contratación que seguidamente se cita:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Familia e Inclusión.

c) Número de expediente: PA 58/2013.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: contratación do servizo consistente no apoio técnico para a execución do proxecto Symbios da Consellería de Traballo e Benestar por procedemento aberto, cofinanciado polo FSE no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013.

b) Lugar de execución: toda Galicia.

c) Prazo de execución: un máximo de dous anos contado desde a data da formalización, con data límite do 31 de decembro de 2015.

d) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento máximo de licitación: setenta mil euros (70.000,00) aos cales se engaden catorce mil setecentos euros (14.700,00 €) que corresponden ao IVE (21 %), polo que o importe total do expediente de gasto é de oitenta e catro mil setecentos euros (84.700,00 €).

Symbios é un proxecto enmarcado no eixe 4.80 do programa operativo FSE-Galicia 2007-2013, polo tanto o gasto da contratación deste apoio técnico para a súa execución está financiado nun 80 % polo Fondo Social Europeo.

5. Garantías exixidas:

a) Provisoria: non.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Dirección Xeral de Familia e Inclusión, Subdirección Xeral de Servizos Sociais e Xestión Económica.

b) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 56 69, 981 54 46 95.

e) Fax: 981 54 46 34.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica, financeira e solvencia técnica ou profesional: ver cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: ata as 19.00 horas (agás os sábados, que será ata as 14.00 horas) do décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Entidade: Oficina do Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia no Complexo Administrativo de San Caetano, s/n.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar, dentro do prazo de admisión indicado, a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (981 54 46 34) no mesmo día.

Se a documentación se presentase en calquera outro rexistro diferente ao indicado nos parágrafos anteriores, a proposta non será admitida a licitación.

2) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas da Dirección Xeral de Familia e Inclusión.

b) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora de apertura: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de anuncios: este anuncio será por conta do contratante.

11. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19114

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2013

P.D. (Orde do 19.8.2009)
María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar