Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Xoves, 20 de xuño de 2013 Páx. 23956

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2013, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 2 de maio de 2013, polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado gasoduto de transporte básico Mariña Lucense (Ribadeo-Viveiro), así como das disposicións normativas contidas no dito proxecto.

En cumprimento do disposto no artigo 13.5 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, esta dirección xeral dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 2 de maio de 2013, cuxa parte dispositiva é o seguinte texto literal:

«1. Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado gasoduto de transporte básico Mariña Lucense (Ribadeo-Viveiro), promovido por Gas Natural Transporte SDG, S.L.

2. De conformidade co contido do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 14.4.2011, polo que se declara a incidencia supramunicipal do devandito proxecto sectorial, os planeamentos dos concellos de Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove e Viveiro (Lugo) quedan vinculados ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba».

Así mesmo, de conformidade co artigo 4 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, modificada pola disposición adicional 2ª da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, publícanse como anexo a esta resolución as disposicións normativas do devandito proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2013

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

ANEXO

Disposicións normativas do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado gasoduto de transporte básico Mariña Lucense (Ribadeo-Viveiro)

1. Clasificación urbanística do solo.

Co obxecto de evidenciar a adecuación do trazado do gasoduto de transporte básico Mariña Lucense (Ribadeo-Viveiro) ao planeamento urbanístico de cada un dos termos municipais afectados, relaciónase a seguir a clasificación urbanística do solo polo cal discorre o dito gasoduto.

Para isto diferenciáronse os distintos grupos de solo en función dos diferentes usos definidos nos planeamentos urbanísticos municipais.

• Solo urbano.

Está constituído por aqueles terreos que gozan das seguintes condicións, alternativas ou simultáneas:

a) Terreos con acceso para tráfico rodado, abastecemento de auga, evacuación de augas residuais e subministración de enerxía eléctrica, sempre que estes servizos teñan capacidade suficiente para soportar as necesidades derivadas do volume de edificación previsto para estes terreos.

b) Terreos con ordenación consolidada, que se considera cando o volume edificado sexa, polo menos, as dúas terceiras partes do volume total de edificación previsto para estes terreos.

• Solo urbanizable programado.

Está constituído por aqueles terreos expresamente clasificados como tales que se desenvolven no tempo a través de plans parciais de ordenación urbana.

• Solo urbanizable non programado.

Está constituído por aqueles terreos expresamente clasificados como tales que se desenvolven no tempo a través de programas de actuación urbanística (PAU).

• Solo rústico ou solo non urbanizable.

Está constituído por aqueles terreos que non son necesarios para usos urbanos e quedan excluídos do desenvolvemento urbano previsto no termo municipal correspondente.

• Solo non urbanizable protexido.

Está constituído por aqueles terreos que, polo seu alto valor de orde ecolóxica, paisaxística, agraria, hidráulica etc., son excluídos do desenvolvemento urbano previsto no termo municipal correspondente e deben ser obxecto de medidas tendentes a evitar a súa degradación, así como a rexenerar e potenciar as condicións de aproveitamento deles.

• Solo rústico de protección de infraestruturas.

Está constituído por aqueles terreos expresamente clasificados como tales, conformados con base en corredores de largo variable para que discorran a través deles as distintas infraestruturas viarias, eléctricas, de saneamento, gasistas etc., que servirán para dar servizo ás edificacións previstas no desenvolvemento urbanístico do termo municipal correspondente.

No seguinte cadro móstrase a relación detallada do tipo de solo polo cal discorre o trazado do gasoduto de transporte básico Mariña Lucense (Ribadeo-Viveiro), por termos municipais.

Termo municipal de Ribadeo.

Clasificación do solo

Lonxitude (m)

%

Solo urbano (SU)

0

0

Solo urbanizable programado (SUP)

0

0

Solo urbanizable non programado (SUNP)

0

0

Solo rústico ou non urbanizable (SNU)

14.930

100,00

Solo non urbanizable protexido (SNUP)

0

0

Solo rústico de protección de infraestruturas (SRPI)

0

0

Total

14.930

100

Termo municipal de Barreiros.

Clasificación do solo

Lonxitude (m)

%

Solo urbano (SU)

0

0

Solo urbanizable programado (SUP)

0

0

Solo urbanizable non programado (SUNP)

297

2,80

Solo rústico ou non urbanizable (SNU)

6.565

61,87

Solo non urbanizable protexido (SNUP)

3.748

35,33

Solo rústico de protección de infraestruturas (SRPI)

0

0

Total

10.610

100

Termino municipal de Foz.

Clasificación do solo

Lonxitude (m)

%

Solo urbano (SU)

353

1,94

Solo urbanizable programado (SUP)

0

0

Solo urbanizable non programado (SUNP)

1.112

6,12

Solo rústico ou non urbanizable (SNU)

16.524

90,87

Solo non urbanizable protexido (SNUP)

195

1,07

Solo rústico de protección de infraestruturas (SRPI)

0

0

Total

18.184

100

Termo municipal de Burela.

Clasificación do solo

Lonxitude (m)

%

Solo urbano (SU)

0

0

Solo urbanizable programado (SUP)

0

0

Solo urbanizable non programado (SUNP)

0

0

Solo rústico ou non urbanizable (SNU)

1.715

100

Solo non urbanizable protexido (SNUP)

0

0

Solo rústico de protección de infraestruturas (SRPI)

0

0

Total

1.715

100

Termo municipal de Cervo.

Clasificación do solo

Lonxitude (m)

%

Solo urbano (SU)

0

0

Solo urbanizable programado (SUP)

0

0

Solo urbanizable non programado (SUNP)

6.463

65,69

Solo rústico ou non urbanizable (SNU)

3.376

34,31

Solo non urbanizable protexido (SNUP)

0

0

Solo rústico de protección de infraestruturas (SRPI)

0

0

Total

9.839

100

Termo municipal de Xove.

Clasificación do solo

Lonxitude (m)

%

Solo urbano (SU)

0

0

Solo urbanizable programado (SUP)

0

0

Solo urbanizable non programado (SUNP)

866

10,10

Solo rústico ou non urbanizable (SNU)

0

0

Solo non urbanizable protexido (SNUP)

7.401

86,36

Solo rústico de protección de infraestruturas (SRPI)

303

3,54

Total

8.570

100

Termo municipal de Viveiro.

Clasificación do solo

Lonxitude (m)

%

Solo urbano (SU)

0

0

Solo urbanizable programado (SUP)

0

0

Solo urbanizable non programado (SUNP)

0

0

Solo rústico ou non urbanizable (SNU)

1.197

100

Solo non urbanizable protexido (SNUP)

0

0

Solo rústico de protección de infraestruturas (SRPI)

0

0

Total

1.197

100

As porcentaxes de solo afectado para cada un dos tipos existentes ao longo do trazado son as seguintes:

Clasificación do solo

Lonxitude (m)

%

Solo urbano (SU)

542

0,83

Solo urbanizable programado (SUP)

0

0

Solo urbanizable non programado (SUNP)

8.738

13,43

Solo rústico ou non urbanizable (SNU)

44.118

67,83

Solo non urbanizable protexido (SNUP)

11.344

17,44

Solo rústico de protección de infraestruturas (SRPI)

303

0,47

Total

65.045

100

Indícase a seguir a afección sobre cada termo municipal de cada un dos tipos de solo, así como as lonxitudes afectadas expresadas en metros.

Termo municipal

Clasificación do solo

SU

SUP

SUNP

SNU

SNUP

SRPI

Total

Ribadeo

0

0

0

14.930

0

0

14.930

Barreiros

0

0

297

6.565

3.748

0

10.610

Foz

353

0

1.112

16.524

195

0

18.184

Burela

0

0

0

1.715

0

0

1.715

Cervo

0

0

6.463

3.376

0

0

9.839

Xove

0

0

866

0

7.401

303

8.570

Viveiro

0

0

0

1.197

0

0

1.197

2. Proposta de nova ordenación.

Para garantir unha adecuada inserción no territorio das instalacións que constitúen o presente proxecto sectorial, proponse a transformación urbanística da zona de afección do trazado do gasoduto de transporte básico Mariña Lucense (Ribadeo-Viveiro), que a seguir se describe, segundo se encontra definido no artigo 32.2.c) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

En aplicación da citada lei, onde se describen as categorías de solo, a proposta de nova ordenación para a zona de afección definida polo trazado da condución (1,5 m a cada lado do eixo) consta dos puntos que se describen a seguir.

Manteñen a súa clasificación actual e, por tanto, non sofren variación ao respecto do definido nos planeamentos urbanísticos dos termos municipais afectados, os terreos clasificados como:

• Solo urbano (SU).

• Solo urbanizable non programado (SUNP).

• Solo urbanizable programado (SUP).

• Solo rústico de protección de infraestruturas (SRPI).

Deberán cambiar de clasificación, pasando a ser solo rústico de protección de infraestruturas, as zonas de afección do trazado que actualmente están definidas como:

• Solo rústico ou non urbanizable (SNU).

• Solo non urbanizable protexido (SNUP) agropecuario, forestal e leitos fluviais.

O réxime de solo rústico de protección de infraestruturas proposto superporase ao que lle toque por lei, sendo o réxime de usos o máis restritivo.

No seguinte cadro resúmese a nova ordenación proposta para a zona de afección.

Termo municipal de Ribadeo.

Lonxitude (m)

Clasificación actual do solo

Clasificación proposta do solo

14.930

Solo rústico ou non urbanizable (SNU)

Solo rústico de protección de infraestruturas (SRPI)

Termo municipal de Barreiros.

Lonxitude (m)

Clasificación actual do solo

Clasificación proposta do solo

6.565

Solo non Urbanizable (SNU)

Solo rústico de protección de infraestruturas (SRPI)

3.748

Solo non urbanizable protexido (SNUP)

Solo rústico de protección de infraestruturas (SRPI)

Termo municipal de Foz.

Lonxitude (m)

Clasificación actual do solo

Clasificación proposta do solo

16.524

Solo non urbanizable (SNU)

Solo rústico de protección de infraestruturas (SRPI)

195

Solo non urbanizable protexido (SNUP)

Solo rústico de protección de infraestruturas (SRPI)

Termo municipal de Burela.

Lonxitude (m)

Clasificación actual do solo

Clasificación proposta do solo

1.715

Solo non urbanizable (SNU)

Solo rústico de protección de infraestruturas (SRPI)

Termo municipal de Xove.

Lonxitude (m)

Clasificación actual do solo

Clasificación proposta do solo

7.401

Solo non urbanizable protexido (SNUP)

Solo rústico de protección de infraestruturas (SRPI)

Termo municipal de Cervo.

Lonxitude (m)

Clasificación actual do solo

Clasificación proposta do solo

3.376

Solo non urbanizable (SNU)

Solo rústico de protección de infraestruturas (SRPI)

Termo municipal de Viveiro.

Lonxitude (m)

Clasificación actual do solo

Clasificación proposta do solo

1.197

Solo non urbanizable (SNU)

Solo rústico de protección de infraestruturas (SRPI)

Clasificación do solo

Lonxitude (m)

%

Actual

Solo rústico ou non urbanizable (SNU)

44.118

67,83

Solo non urbanizable protexido (SNUP)

11.344

17,44

Proposta

Solo rústico de protección de infraestruturas (SRPI)

55.462

85,27

2.1. Análise da lexislación sectorial. Compatibilidade co réxime urbanístico actual.

No artigo 10.e do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, exíxese unha análise da relación do contido do proxecto sectorial co planeamento urbanístico vixente, determinándose as posibles discrepancias e xustificando as medidas que impliquen unha necesaria modificación do dito planeamento.

No presente documento recolléronse pormenorizadamente as características dos actuais plans xerais de ordenación urbana ou normas subsidiarias de todos os termos municipais afectados; neles encóntrase definido, e así se rexistrou neste proxecto, o tipo de solo polo cal discorre o trazado do gasoduto de transporte básico Mariña Lucense (Ribadeo-Viveiro).

O gasoduto en proxecto pódese considerar unha infraestrutura de interese público en función de ser unha alternativa enerxética tanto doméstica como comercial, que respecta o ambiente cunha menor emisión de CO2 e con posibilidade de uso en procesos industriais como alternativa ou mellora de procesos. Por estes motivos formúlase unha proposta de cambio na definición do solo polo cal discorre o trazado, proposta recollida no punto anterior. Desta maneira elimínanse as discrepancias entre o tipo de solo e o uso que se ten que dar á zona afectada polo trazado, facéndoo compatible co gasoduto en proxecto.