1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. Subdirección Xeral de Centros. Servizo de Centros.
c) Número de expediente: ED-02/2013-DXCRH.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizo.
b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza integral das instalacións educativas do CPI especificado no encabezamento.
c) División por lotes e número de lotes: non.
d) Lugar de execución: no CPI Manuel Padín Truiteiro, incluído o edificio da Escola de Educación Infantil de Oliveira, no concello de Soutomaior.
e) Prazo de execución: dous anos, desde o 1 de setembro de 2013 ata o 31 de agosto de 2015.
f) Clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría a.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto non harmonizado.
4. Orzamento base de licitación.
Prezo: o importe neto do contrato é de 160.000,00 euros máis 33.600,00 euros que corresponden ao 21 % do IVE, o que supón un importe total de 193.600,00 euros.
5. Garantías.
a) Provisional: non se exixe.
b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.
b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.
c) Teléfono: 981 54 65 18.
d) Poderanse consultar e/ou obter os pregos, así como a información correspondente a esta contratación, no seguinte enderezo da internet:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18981
7. Presentación das ofertas.
a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no prazo de quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
b) Hora límite de presentación: ata as 14.00 horas do último día do prazo de presentación de proposicións.
c) Documentación que cómpre presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Lugar de presentación:
1ª) Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.
Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (981 54 65 42) no mesmo día.
2ª) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.
3ª) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
8. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data e hora: a apertura das proposicións efectuarase o décimo día hábil, ás 10.00 horas, contado desde o día seguinte ao do remate do prazo de presentación, a non ser que o último día sexa sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.
9. Gastos do anuncio: o importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 31 de maio de 2013
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria