Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Xoves, 20 de xuño de 2013 Páx. 23967

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2013 pola que se anuncia a licitación do contrato harmonizado, por procedemento aberto multicriterio e trámite ordinario, da subministración, instalación e posta en funcionamento do equipamento da Residencia de Maiores do Carballiño.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Obras.

c) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n,15781 Santiago de Compostela.

d) Enderezo do perfil do contratante:

http//:www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19004

e) Número de expediente: 62/2013.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración, instalación e posta en funcionamento do equipamento da Residencia de Maiores do Carballiño (Ourense).

CPV: (referencia de nomenclatura):

– Lote 1: 39151000-5, 33100000-1, 39221100-8, 39143110-0, 32300000-6, 37524000-7.

– Lote 2: 39700000-9, 42000000-6.

– Lote 3: 39710000-2, 42000000-6.

b) División por lotes e número: si; tres lotes.

Lote 1: mobiliario diverso. Lote 2: cociña e cafetaría. Lote 3: lavandaría.

c) Lugar de execución e entrega: Residencia de Maiores do Carballiño (Ourense). Rúa Deputación, 1, estrada de Pontevedra, 32500 O Carballiño (Ourense).

d) Prazo máximo de execución/entrega: 60 días (lotes 1, 2 e 3). Prazo mínimo aceptable: 5 días.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Valor estimado: 576.726,79 €. IVE (4,10 % e 21 %): 106.869,18 €. Importe total: 683.595,97 €.

Lote 1: valor estimado: 311.553,43 €. IVE (4 %, 10 % e 21 %): 51.182,78 €. Total: 362.736,21 €.

Lote 2: valor estimado: 191.166,78 €. IVE (21 %): 40.145,02 €. Total: 231.311,80 €.

Lote 3: Valor estimado: 74.006,58 €. IVE (21 %): 15.541,38 €. Total: 89.547,96 €.

Esta contratación englóbase dentro das actuacións incluídas no convenio específico asinado o 7 de maio de 2012 entre o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e a Comunidade Autónoma de Galicia para a execución, seguimento e avaliación das accións incluídas nos plans de zona das súas zonas rurais, publicado por Resolución do 22 de maio de 2012 no Boletín Oficial del Estado (BOE nº 139, do 11 de xuño). O eixe, medida e tipo de actuación son os seguintes: 3.32.CA.1. Mellora das estruturas para a protección social no medio rural.

5. Garantías.

Definitiva: si, 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia: véxase punto 5.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servizo de Obras da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19004

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono:

– Información de índole administrativa e técnica: 981 54 46 52 (Mª José Rodríguez Novoa).

e) Telefax: información de índole administrativa e técnica: 981 54 56 85 (Servizo de Obras).

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día do prazo de presentación de ofertas: 19.7.2013.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 19.7.2013.

b) Documentación que cómpre presentar: a que figura na cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares; debe figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia, deberá reflectilo de forma fidedigna no exterior do sobre A, indicando o número de rexistro asignado.

c) Lugar de presentación:

1. Oficina de Rexistro Único e Información no Complexo Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, de luns a venres, das 9.00 ás 19.00 horas e os sábados das 9.00 ás 14.00 horas.

Calquera posible variación relativa ao horario publicarase no perfil do contratante.

2. As proposicións poderán enviarse por correo dentro do prazo de admisión indicado, xustificando a data de imposición do envío e anunciándoo á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar mediante télex, fax ou telegrama, no mesmo día e nun só envío.

Se a documentación se presenta en calquera outro rexistro diferente ao indicado nos parágrafos anteriores, a proposta non será admitida á licitación.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses desde a apertura en acto público.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: véxase o perfil do contratante.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade: 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: a apertura da documentación do sobre B: 2.8.2013, ás 12.00 horas. A apertura da documentación do sobre C: 13.8.2013, ás 10.00 horas.

No perfil do contratante (http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19004) publicarase o lugar e a hora do acto público de apertura dos sobres B e C, así como calquera posible variación das datas antes indicadas.

10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 3.6.2013.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2013

P.D. (Artigo 1 da Orde do 19.8.2009)
Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar