Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Mércores, 19 de xuño de 2013 Páx. 23815

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mesía

ANUNCIO de información pública sobre convenio urbanístico deste concello.

Por Decreto da Alcaldía do 14 de xuño de 2013 aprobouse inicialmente o convenio urbanístico de monetarización do aproveitamento que corresponde ao Concello de Mesía polo desenvolvemento urbanístico do sector S-03 ARS-03 do PXOM do concello de Mesía, no lugar do Campo.

De conformidade co artigo 237 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o citado convenio a información pública polo prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da publicación do último dos edictos que se inserirán no Diario Oficial de Galicia e no xornal La Voz de Galicia. Durante ese prazo os interesados poderán consultar o expediente nas oficinas municipais e presentar as alegacións que xulguen oportunas.

Mesía, 14 de xuño de 2013

Mariano Iglesias Castro
Alcalde