Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Mércores, 19 de xuño de 2013 Páx. 23816

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monforte de Lemos

ANUNCIO de información pública sobre construción de balsa de almacenamento de xurro na Eirexe (San Xillao de Tor).

Neste concello atópase en trámite o expediente de licenza de actividade para a construción de balsa de almacenamento de xurro, no lugar da Eirexe (San Xillao de Tor), por instancia de Antonio Rodríguez Losada.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, respectivamente, co obxecto de que o poidan examinar, na Secretaría do concello, en horas de oficina, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se xulguen oportunas.

Monforte de Lemos, 29 de maio de 2013

Severino Rodríguez Díaz
Alcalde