Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Mércores, 19 de xuño de 2013 Páx. 23817

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mugardos

ANUNCIO de apertura do prazo de presentación de instancias para participar no proceso selectivo, polo sistema de concurso-oposición e quenda de promoción interna, para a provisión dunha praza de oficial de segunda (chofer do servizo de recollida do lixo).

No Boletín Oficial da provincia (BOP) da Coruña número 83, do 2 de maio de 2013, publicáronse integramente as bases reguladoras do novo proceso selectivo correspondente á oferta de emprego público de 2009, convocatoria específica 2/2009, realizada polo Concello de Mugardos para prover a seguinte praza:

Contratación laboral fixa, polo sistema de concurso-oposición (turno promoción interna).

Oficial de 2ª, chofer do servizo de recollida do lixo (convocatoria específica 2/2009).

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no citado Boletín Oficial da provincia e no taboleiro de edictos do concello.

Mugardos, 30 de maio de 2013

Xosé Fernández Barcia
Alcalde