Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Mércores, 19 de xuño de 2013 Páx. 23818

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Pino

ANUNCIO de licitación para a xestión, montaxe e organización da Festa dos Maiores.

1. Entidade adxudicadora: Concello do Pino.

2. Obxecto do contrato: xestión, montaxe e organización da Festa dos Maiores.

3. Tramitación do procedemento: procedemento aberto, varios criterios de adxudicación; tramitación ordinaria.

4. Tipo de licitación: valor estimado 31.428 € (sen IVE).

5. Garantías exixidas: definitiva do 5 % do orzamento de adxudicación, excluído o IVE.

6. Clasificación: non se exixe.

7. Presentación de ofertas: na casa do concello no prazo de 15 días contados desde o último anuncio publicado (publicaranse anuncios no BOP e no DOG e no perfil de contratante).

8. Apertura de plicas: 2º día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación de proposicións.

9. Datos da entidade adxudicadora: Concello do Pino. Enderezo: O Pedrouzo, Arca. 15821 O Pino. Teléfono 981 51 10 02; fax 981 51 11 23. Perfil do contratante: concellodeopino.com

O Pino, 31 de maio de 2013

Manuel Taboada Vigo
Alcalde