Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Mércores, 19 de xuño de 2013 Páx. 23819

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xinzo de Limia

ANUNCIO de licitación do servizo de inmobilización e retirada de vehículos da vía pública, o seu depósito e garda.

De conformidade co acordo da Xunta de Goberno Local de 4 de marzo de 2013, por medio deste anuncio efectúase a convocatoria do procedemento aberto, atendendo á oferta economicamente máis vantaxosa, con varios criterios de adxudicación, para a adxudicación do contrato de xestión do servizo de inmobilización e retirada de vehículos da vía pública e o seu depósito e garda, baixo a modalidade de concesión, conforme os seguintes datos:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Xinzo de Limia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: xestión do servizo de inmobilización e retirada de vehículos da vía pública, o seu depósito e garda.

d) Prazo de duración: 4 anos, sen posibilidade de prórroga.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Retribucións do concesionario: os ingresos procedentes da recadación da taxa fixada na ordenanza fiscal para o servizo, así como unha achega municipal anual que se fixa nun importe máximo de 25.000 €, e que poderá ser minorada nas súas ofertas polos licitadores.

5. Garantías.

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE. Determinarase de acordo co previsto na cláusula 15ª do prego.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Xinzo de Limia.

b) Domicilio: Curros Enríquez, 15.

c) Localidade e código postal: Xinzo de Limia, 32630 (Ourense).

d) Teléfono: 988 55 01 11.

e) Telefax: 988 55 01 12.

7. Criterios de valoración das ofertas.

a) Os criterios de adxudicación avaliables de forma automática son os seguintes:

– Minoración da achega municipal ao financiamento do servizo (subvención por importe máximo de 25.000 €/ano): de 0 a 20 puntos.

– Cantidade ofertada como canon anual a favor da Administración polo desfrute da concesión: de 0 a 15 puntos.

b) Os criterios de adxudicación avaliables a través dun xuízo de valor son os seguintes:

– As melloras no servizo que, cumprindo coas previsións establecidas neste prego e gardando relación co obxecto do contrato, contribúan á mellor xestión deste. Deben facer constar o importe económico a que ascenden: de 0 a 10 puntos.

– Plan de organización da xestión do servizo proposto polos licitadores, no cal se describirá a forma en que se vai xestionar este, medios persoais que se van adscribir, medios materiais, en particular achegando documentación gráfica e descritiva do vehículo guindastre con que se pretende desenvolver o servizo, características que reúna, con suxeición a cláusula 2ª deste prego: de 0 a 5 puntos.

– Situación xeográfica do centro operativo da empresa respecto á localidade de Xinzo de Limia: de 0 a 2 puntos.

8. Presentación das ofertas.

a) Prazo de presentación: quince (15) días naturais desde a publicación do anuncio no BOP, DOG e perfil do contratante da Deputación de Ourense (último anuncio).

b) Documentación que cómpre presentar: a recollida na cláusula 8ª do prego. O modelo da proposta económica recóllese no anexo do prego que se pode obter no perfil do contratante da Deputación de Ourense.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Xinzo de Limia.

9. Apertura das ofertas: ás 13.00 horas do día hábil seguinte ao de remate do prazo de presentación das propostas, na sala de xuntas do Concello de Xinzo de Limia.

10. Composición da mesa de contratación: fíxase na cláusula 9ª do prego.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Perfil de contratante onde figuran as informacións relativas á convocatoria e onde se poden obter os pregos: http://dpou.depourense.es/on-line/perfil/

Xinzo de Limia, 27 de maio de 2013

Antonio Pérez Rodríguez
Alcalde