Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Mércores, 19 de xuño de 2013 Páx. 23822

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Zas

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan parcial Os Muíños.

En cumprimento do establecido no artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, faise público que o Pleno da Corporación Municipal de Zas, en sesión do 13 de maio de 2013, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Continuar co procedemento e aprobar definitivamente o plan parcial que afecta o sector de solo urbanizable I2 que desenvolve o Plan xeral de ordenación municipal deste municipio tal e como o recolle o documento para a aprobación definitiva abril 2013, redactado polos arquitectos sinalados nos antecedentes.

Segundo. Comunicar á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio este acordo e xuntarlle dous exemplares dilixenciados do plan aprobado.

Terceiro. Ordenar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia facendo constar a data de remisión á consellería, e publicar o documento que conteña a normativa e as ordenanzas no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Cuarto. Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día da publicación do último dos anuncios citados no parágrafo anterior, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei  29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xuridición contencioso-administrativa».

Faise público, ademais, que o 29 de maio de 2013 se remitiu á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas certificación do acordo plenario de aprobación definitiva e dous exemplares dilixenciados do plan parcial aprobado definitivamente.

Zas, 30 de maio de 2013

Manuel Muíño Espasandín
Alcalde