Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Mércores, 19 de xuño de 2013 Páx. 23814

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Láncara

ANUNCIO de información pública sobre construción de silos en Toubille.

Víctor Manuel Díaz García solicitou desta alcaldía licenza municipal para a construción de silos que se situarán en Toubille-Láncara. En cumprimento do disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Láncara, 21 de maio de 2013

Carlos Fernández Díaz
Alcalde (en funcións)