Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Martes, 18 de xuño de 2013 Páx. 23529

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Val do Dubra

ANUNCIO de información pública relativo á delimitación do núcleo rural de Paramos.

Neste concello foi presentada solicitude por parte de María del Rosario Suárez Calviño para que se leve a cabo a delimitación do núcleo rural de Paramos. Ao abeiro do disposto no artigo 93.4 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, en relación coa DA II do citado texto normativo, sométese o citado expediente a información pública por un período dun mes na Secretaría do Concello, das 9.00 ás 15.00 horas, de luns a venres.

Val do Dubra, 20 de maio de 2013

Ramón Varela Mariño
Alcalde presidente