Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Martes, 18 de xuño de 2013 Páx. 23530

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO para a contratación da subministración de dous vehículos recolectores de residuos sólidos urbanos.

Anuncio de licitación por procedemento aberto para a contratación da subministración de dous vehículos recolectores de residuos sólidos urbanos de 9 m3 con destino ao Servizo de Augas e Medio Ambiente Deputación Provincial de Ourense.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación da subministración de dous vehículos recolectores de residuos sólidos urbanos de 9 m3 con destino ao Servizo de Augas e Medio Ambiente da Deputación Provincial de Ourense, cun gasto máximo autorizado de 274.000,00 € (IVE, matriculación e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do día 30 de xullo de 2013 no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente aos que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense; rúa Progreso, nº 32, ou por teléfono: 988 38 52 02 e fax: 988 38 51 84 ou na páxina web da deputación www.depourense.es

Ourense, 5 de xuño de 2013

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense