Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Martes, 18 de xuño de 2013 Páx. 23528

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Neda

ANUNCIO de información pública relativo a un taller de reparación de automóbiles no Coto.

Motor 2000 Chapa y Pintura, S.L. solicitou desta Alcaldía licenza municipal para taller de reparación de automóbiles que se situará no lugar do Coto nº 75. Cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, en que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante ese prazo, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG, poidan examinar o expediente na Secretaría deste concello as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Vila de Neda, 28 de maio de 2013

José I. Cabezón Lorenzo
Alcalde