Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Martes, 18 de xuño de 2013 Páx. 23527

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mugardos

ANUNCIO de información pública relativo á ampliación do cemiterio de San Xulián de Mugardos (expediente 2013/U005/000001).

Casimiro Fernández Núñez en representación do Arcebispado de Santiago de Compostela solicitou desta Alcaldía licenza municipal de actividade para apertura e funcionamento de ampliación de cemiterio de San Xulián de Mugardos, e licenza de obras, e cumprindo o disposto polo artigo 52 do Decreto 134/1998, do 23 de abril, sobre policía sanitaria mortuoria, e o disposto polo artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este prazo –empezarase a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, no departamento de urbanismo deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou as observacións que consideren oportunas.

Mugardos, 28 de maio de 2013

Xosé Fernández Barcia
Alcalde