Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 17 de xuño de 2013 Páx. 23324

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Rábade (expediante IN407A 2010/124-2, 7820 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a seguir se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: LMT, CT e RBT para Edificio Buenos Aires en avda. de Portugal, 43.

Situación: concello de Rábade.

Características técnicas:

• LMTS de 20 kV de tensión nominal, en canalización soterrada, con orixe no centro de transformación Praza do Mercado e final no centro de transformación proxectado, cunha lonxitude aproximada de 385 metros, en condutor RHZ1-3 (1×240) mm2.

• CT en edificio prefabricado tipo PFU-3 Ormazábal, cun transformador trifásico de 400 kVA de potencia e relación de transformación 20 kV/420 V, Dyn 11.

• LMTS 400/230 V, con orixe no centro de transformación proxectado, en canalización soterrada e condutor RV 0,6/1 kV.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 29 de maio de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo