Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 17 de xuño de 2013 Páx. 23326

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 3 de xuño de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, polo que se lle notifica a Islas Montajes y Talleres, S.L. a Resolución do 3 de maio de 2013, en relación co expediente de reintegro CEI-SX-2013/14.

Intentada a práctica da notificación con Islas Montajes y Talleres, S.L., a través do servizo de correos, non foi posible realizala. Polo tanto, en aplicación do disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), procede a notificación da resolución, cuxo contido se recolle sumariamente neste anuncio, por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

O interesado poderá examinar a resolución completa no Servizo de Xestión Económica e Orzamentaria encadrado na Vicesecretaría Xeral da Secretaría Xeral da Consellería de Economía e Industria, sito no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4ª planta, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e de conformidade co establecido no artigo 37.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común: concédeselle un prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución, poñéndolle de manifesto o expediente no enderezo arriba indicado, para que poida facer as alegacións e presentar os documentos e xustificantes que estime pertinentes na defensa dos seus intereses (trámite de audiencia).

De acordo co artigo 77.3 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o inicio do procedemento de reintegro interromperá o prazo de prescrición de que dispón a Administración para exixir o reintegro, de acordo co establecido no artigo 35 desta mesma lei, que indica que prescribirá aos catro anos.

Así mesmo, infórmase que segundo o artigo 38.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento de reintegro será de doce meses desde a data do acordo de iniciación. O dito prazo poderá suspenderse e ampliarse de acordo co previsto nos números 5 e 6 do artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Se transcorre o prazo para resolver sen que se notifique resolución expresa, producirase a caducidade do procedemento, sen prexuízo de continuar as actuacións ata a súa terminación e sen que se considere interrompida a prescrición polas actuacións realizadas ata a finalización do citado prazo.

Persoa xurídica: Islas Montajes y Talleres, S.L.

CIF: B36634624.

Último enderezo coñecido: polígono industrial estrada Valadares PO-330, km 8, A Pasaxe, 36316 Vincios (Pontevedra).

Data da resolución: 3 de maio de 2013.

Asunto: expediente CEI-SX-2013/14. Resolución pola que se acorda o inicio de expediente de reintegro por importe de 52.125,00 € e a revogación da subvención que lle foi concedida ao abeiro da Orde do 6 de xullo de 2010, pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento da investigación e a innovación empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2013

P.D. (Orde do 30.4.2009; DOG nº 87)
José Alfonso Marnotes González
Vicesecretario xeral