Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 17 de xuño de 2013 Páx. 23328

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 28 de maio de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2013030AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Coa data do 8 de maio de 2013, o instrutor do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador nº 2013030AL-CO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña a Aves Santa Cecilia, S.L.

Intentada a notificación da proposta de resolución segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica; por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a Aves Santa Cecilia, S.L. o contido da dita proposta de resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e recórdaselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da Xefatura, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 28 de maio de 2013

Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2013030AL-CO.

Interesada: Aves Santa Cecilia, S.L., (Carnicería Aves Santa Cecilia).

DNI/NIF/CIF: B70082771.

Último enderezo coñecido: Mercado Recimil, 53.15403 Ferrol.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde pública, art. 57.1.c) 1º e 3º.

Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición, art. 6, 50 e 51.

Real decreto 1334/1999, do 31 de xullo, sobre normas xerais de etiquetaxe, presentación e publicidade de produtos alimenticios (BOE nº 202, do 24 de agosto), art. 5.

Real decreto 1376/2003, do 7 de novembro, polo que se establecen as condicións sanitarias de produción, almacenamento e comercialización das carnes frescas e os seus derivados nos establecementos de comercio polo miúdo (BOE nº 273, do 14 de novembro), art. 3 e 4. Anexo cap. I, cap.II.

Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal (DO nº 139, do 30 de abril; rectif. DO nº 204, do 4 de agosto de 2007), anexo II, cap. I, cap. X.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 5.000 € (cinco mil euros).