Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 17 de xuño de 2013 Páx. 23330

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a adxudicación e a formalización do contrato do servizo de programación e xestión do proxecto Rede galega de dinamización xuvenil.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a adxudicación e a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

c) Número de expediente: AG/2013.

d) Perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18438

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contratación administrativa especial.

b) Descrición do obxecto: programación e xestión do proxecto Rede galega de dinamización xuvenil.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, nº 29, do 11 de febreiro de 2013.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: trescentos oitenta e nove mil cincocentos noventa e seis mil euros (389.596,00 €), ao cal se lle engaden oitenta e un mil oitocentos quince euros con dezaseis céntimos (81.815,16 €) en concepto de IVE, resultando un total de catrocentos setenta e un mil catrocentos once euros con dezaseis céntimos (471.411,16 €).

5. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 22 de abril de 2013.

b) Contratista: Proyectos y Sinergias Empresariales, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: douscentos noventa e catro mil douscentos trinta e cinco euros (294.235,00 €) ao cal se lle engaden sesenta e un mil setecentos oitenta e nove euros con trinta e cinco euros (61.789,35 €) en concepto de IVE, resultando un total de trescentos cincuenta e seis mil vinte e catro euros con trinta e cinco euros (356.024,35 €).

e) Data de formalización: 30 de abril de 2013.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2013

P.D. (Orde 19.8.2009)
María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar