Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 17 de xuño de 2013 Páx. 23332

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 22 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai público o inicio do procedemento de reintegro de axuda ao programa para a promoción do emprego autónomo, regulada na Orde do 21 de abril de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 28 de abril), relativa ao expediente TR341D 2008/928-2 e tres máis.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido da resolución que figura como anexo para que poidan ter coñecemento dela.

De conformidade co previsto no artigo 38.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselles aos interesados un prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, para que poidan formular as alegacións e presentar a documentación que xulguen pertinente ante esta xefatura territorial.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 22 de maio de 2013

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2008/928-2.

Nome: Mª Vanesa Rivera Bellas.

DNI/NIF: 32704685L.

Último enderezo coñecido: O Castro, nº 4, 15339 Mañón, A Coruña.

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamenta a concesión da axuda ou subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo16, letra a), da Orde do 21 de abril de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa para a promoción do emprego autónomo.

Contido da resolución: acordo de inicio do procedemento de reintegro da axuda.

Nº de expediente: TR341D 2008/971-2.

Nome: José Ramón Rivas García.

DNI/NIF: 8965151G.

Último enderezo coñecido: avda. da Mariña, nº 8, 3º A, 27780 Foz, Lugo.

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamenta a concesión da axuda ou subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo16, letra a), da Orde do 21 de abril de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa para a promoción do emprego autónomo.

Contido da resolución: acordo de inicio do procedemento de reintegro da axuda.

Nº de expediente: TR341D 2008/1053-2.

Nome: Sara Miguel Parada.

DNI/NIF: 46967980W.

Último enderezo coñecido: Santa Cruz de Vilelos, nº 20, bloque A, 27547 O Saviñao, Lugo.

Nº de expediente: TR341D 2008/1054-2.