Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 17 de xuño de 2013 Páx. 23322

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 71/2013).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: cambio de sección LMTS GRN-717.

Situación: concello da Coruña.

Características técnicas:

Tramo de liña eléctrica de media tensión subterránea CT Sagrada Familia-CT Vizcaya, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,196 km, con orixe en cela de liña existente no CT Sagrada Familia, condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×240 Al), e final en empalmes proxectados na LMTS GRN-717, no tramo entre o CT Sagrada Familia e o CT Vizcaya.

Tramo de liña eléctrica de media tensión subterránea CT prolongación Ramón Cabanillas-CT Padre Rubinos, 7, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,182 km, con orixe en cela de liña existente no CT Prol. Ramón Cabanillas, en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×240 Al), e final en empalmes proxectados na LMTS. GRN-717 (expediente 171/2006), no tramo entre o CT Prol. Ramón Cabanillas e o CT Padre Rubinos, 7.

Tramo de liña eléctrica de media tensión subterránea CT Padre Rubinos, 7-CT avenida dos Mallos, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,124 km, con orixe en empalmes proxectados na LMTS GRN-717, no tramo ente o CT Padre Rubinos, 7 e o CT avenida dos Mallos, en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×240 Al), e final en cela de liña existente no CT avenida dos Mallos.

Tramo de liña eléctrica de media tensión subterránea CT avenida dos Mallos-CT San Luis, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,124 km, con orixe en cela de liña existente no CT avenida dos Mallos, en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×240 Al), e final en empalmes proxectados na LMTS GRN-717, no tramo entre o CT avenida dos Mallos e o CT San Luis.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 20 de maio de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña