Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Xoves, 13 de xuño de 2013 Páx. 22671

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (373/2012).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 373/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Iván Rubén Expósito Teomiro contra Diebat Construçoes, sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxo ditame é o seguinte:

Que, estimando a demanda presentada por Iván Rubén Expósito Teomiro, representado polo letrado Sr. Vázquez Díaz, contra a empresa Diebat Construçoes, L.D.A., que non compareceu pese a estar citada en legal forma, debo condenar e condeno a expresada entidade demandada a aboar á demandante a cantidade de douscentos quince euros con doce céntimos (215,12), máis o 10 % por demora.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación, por razón da contía reclamada, que non supera os 3.000 euros.

E para que sirva de notificación en forma a Diebat Construçoes, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

Lugo, 24 de maio de 2013

O secretario xudicial