Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Xoves, 13 de xuño de 2013 Páx. 22672

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se dá publicidade da extinción de varias autorizacións ambientais integradas.

De conformidade coa Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo), artigo 23, número 3, as comunidades autónomas darán publicidade nos seus respectivos boletíns oficiais ás resolucións administrativas mediante as cales se outorgaron ou modificaron as autorizacións ambientais integradas.

Atendendo ao anteriormente exposto, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve dar publicidade no DOG ás resolucións mediante as cales se extinguiron as autorizacións ambientais integradas outorgadas a:

– Elena Franco Vázquez, para unha granxa de porcos de ceba na parroquia de Zas de Rei, concello de Melide (A Coruña). Clave: 2005/0231_AIA/IPPC.

– Grupo Sada PA Castilla-Galicia, S.A., para un matadoiro de aves no concello do Porriño (Pontevedra). Clave: 2006/0200_NAA/IPPC.

– Imerys Kiln Furniture España, S.A., para unha fábrica de produtos cerámicos refractarios no concello de Cuntis (Pontevedra). Clave: 2007/0013_NAA/IPPC.

– Cooperativa Agroganadera de Seoane, S.C.G., para unha granxa de porcos de ceba no concello de Xunqueira de Espadanedo (Ourense). Clave: 2007/0070_NAA/IPPC.

– Cooperativas Orensanas, S.C.G. (Coren), para unha granxa de porcas reprodutoras no concello de Carballeda de Avia (Ourense). Clave: 2007/0086_NAA/IPPC.

O texto das citadas resolucións poderase consultar na seguinte URL:

http://www.cmati.xunta.es/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada

ou ben nas dependencias da citada secretaría xeral, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781).

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental